A citania da Chaira, ou dos Chaos,

en San Cibrao das Las

A citania de Lámbrica está situada entre os concellos ourensáns de San Amaro e Punxín, a 12 quilómetros da vila do Carballiño, e a medio camiño entre as antigas zonas mineiras e a ribeira do río Miño. 

Lámbrica, a Cidade Forte (-briga) de Lam ([tʃan], posiblemente chao ou chaira), posúe un topónimo que describe características físicas, naturais e humanas daquela citania, pois atópase a certa altura, é fortificada e tende a ser chaira ou chá. O significado do topónimo podería ser A Cidade Forte da Chaira ou a Cidade Forte dos Chaos.

Érguese nun outeiro de 469 m. de altitude, unha elevación case chaira na súa cima, por iso as súas inmediacións son coñecidas aínda hoxe polas xentes dos arredores como A Chaira. O termo 'chaira' pode dar lugar a confusión, imaxinándose moita xente un val, sobre todo aquelas persoas de fóra de Galiza, que traducen literalmente por 'llanura'.
Neste caso non se trata dun val, pois son formacións xeolóxicas graníticas moi antigas, de certa altitude e moi erosionadas, o que lle confire o aspecto de pequenas mesetas. Este tipo de formacións pasaron á toponimia e a microtoponimia como Chaos. tendo exemplos na contorna: monte do Chao entre Eiras e Vilar de Rei, O Chao en Barxelas, e en entidades xeográficas como a comarca dos Chaos de Amoeiro, de idéntica ou similar factura xeolóxica. Outra denominación tradicional da citania, que pervive na tradición oral, é o monte da Cidade.

A citania é coñecida na bibliografía como Castro de San Cibrao de Las, pero poderiamos concluír que Lámbrica é o seu nome orixinal se consideramos, como fan moitos autores, que o epíteto de Bandua presente na ara de Eiras se refire a ela. O problema é que as lecturas que se fixeron do epígrafe son extremadamente diverxentes e con enmarañada bibliografía, xurdindo así outros dubidosos nomes que tentaron atribuírse ao castro como *Lanobriga, *Lansbriga, *Lansbrica ou *Alaniobriga. Aquí pódense ver as fotografías feitas á ara de Eiras en 2007.

FERNÁNDEZ ALBALAT opina que as dúas raíces que constitúen o topónimo presente na ara de Eiras son aparentemente contraditorias no seu significado: LANON, chaira ou lugar plano, e BRIGA, fortaleza, montaña, elevación (FERNÁNDEZ ALBALAT, 1990, páxina 135). Se visitamos a citania comprenderemos ben como é posible a existencia dunha fortificación elevada e chaira á vez.

A súa situación no outeiro que divide a dúas parroquias (San Cibrao das Las e Ourantes, pertencentes, respectivamente, aos concellos de San Amaro e de Punxín) fai que sexa xusto chamarlle citania ou castro de San Cibrao das Las e Ourantes. Tradicionalmente esta demarcación ía pola muralla oeste do recinto central do castro, onde aínda se poden ver as penedas con marcas cruciformes que separaban as parroquias. Hoxe, a delimitación municipal foi levada máis cara o Leste.

A citania actual é froito dunha planificación e posible reconstrución de finais da Idade do Ferro, en datas moi achegadas á romanización ou, incluso, unha vez producida ésta. Pero é indubidable que no actual solar do castro houbo presenza do home xa desde épocas máis primixenias. A poucos metros da muralla occidental atopáronse restos do Paleolítico Medio e do Paleolítico Superior que coñecemos polo traballo publicado por ROSA VILLAR QUINTEIRO. Esta autora sostén que a industria lítica de A Chaira está realizada "sobre cuarcitas en forma de nódulos de canto rodado, cuya procedencia más próxima sería el río Miño" (...) e que "presenta un mínimo aspecto de desgaste por rodamiento, pues como mucho la distancia máxima que han podido recorrer es la que media desde la cima, donde se emplaza el castro, a su localización actual y que aproximadamente es de unos 200 m. (...)." Segundo ROSA VILLAR, "la composición tipológica nos señala una industria dominada por el utillaje sobre lasca en el que los denticulados dominan sobre las raederas pero sobre ambos, aparece el utillaje propio del Paleolítico Superior con una frecuencia mayor, en el que se encuentran raspadores, toscos buriles, claros perforadores, además de piezas con retoque abrupto y escasos cuchillos de dorso, siempre atípicos". En total, "se han contabilizado 475 efectivos, sin tener en cuenta diversos cantos rodados y fragmentos de estos, algunos de los cuales pudieron haber desempeñado una función de percutor en la cadena operativa, a juzgar por las zonas de alteración que presentan."

Os restos do Paleolítico nos arredores son bastante frecuentes, aínda que pouco valorados. Foron documentados achados nos Chaos de Amoeiro, nas terrazas do río Arenteiro en Seoane (O Carballiño) ou en Toén, tamén en Ourense. Tamén apareceron ferramentas líticas en cuarcita en Vilar de Rei (Cenlle).

Na parte Sur da actual citania de Lámbrica, tamén fóra das súas murallas, pero a poucas decenas de metros, atopamos unha mámoa, montículo que contivo un pequeno dolmen, cista ou cámara funeraria, construcións cuxa cronoloxía pode abarcar dende finais do Neolítico ata a Idade do Bronce. En concreto, estamos ante unha mámoa de pequeno tamaño, erixida por xentes que andaron por estes lugares algúns milenios antes de que os poboadores das Idades de Ferro se afanaran en fortificar unha citania

Outras construcións deste tipo, mámoas, medorras, medelas... foron achadas por toda a comarca. Moitas delas sucumbiron ante a fereza das obras de maquinaria pesada, as violacións dos buscadores de tesouros e o esquecemento xeneralizado da poboación que, aínda así, mantivo na memoria colectiva lendas que tratan de inmortalizar estes máxicos lugares, xa sin sentido para as "avanzadas" civilizacións do século XXI.


Breve descrición da citania de Lámbrica

Voltando á citania, a superficie total do castro é de, aproximadamente, 9,77 hectáreas, das que están escavadas aproximadamente un 20%. A titularidade dos terreos é comunal, sendo montes aproveitados tradicionalmente polos veciños daquelas parroquias. Chama a atención que 20% da superficie intramuros, cerca de dúas hectáreas están repartidas en innumerables parcelas de titularidade privada. 

A fortificación castrexa forma un grande óvalo, máis ou menos regular, co eixo maior orientado de norte a sur. Este eixo maior mide 452 metros de lonxitude (as medidas que se dan nesta páxina son aproximadas). O eixo menor mide 253 metros. 

No centro do xacemento érguese un recinto amurallado que ten unha superficie de 0,86 hectáreas, que denominamos como 'recinto central', tamén con forma ovoide e co eixo maior en sentido Norte-Sur. Para entrar no recinto hai dúas portas, unha occidental e outra oriental. Antes de entrar nesta última, á dereita, hai unha base de monumento con escalinata. 

Chama a atención que a máxima altitude do castro está na porta occidental do recinto central, o que conleva que todo este recinto central quede na ladeira oriental do monte. As vivendas da poboación non estaban neste recinto central, polo que se lle supón un uso para actividades de elite ou para reunións comunitarias, de tipo militar, económico (almacén de víveres ou mercadorías) ou relixioso. Existen paralelismos noutros castros (Chao de Samartín en Asturias, Monte Mozinho en Portugal) nos que o recinto central tiña unha función sacra, cerimonial, comunal ou de elite. En canto ao almacenamento, coñecemos que no cercano castro do Castelo de Laias (ou das Laias), detectouse no seu recinto superior unha secuencia de silos superposta que empeza na I Idade do Ferro.
No recinto central da citania de Lámbrica apareceron algunhas inscricións singulares. Entre elas, temos unha clara alusión á divindade na pedra onde os romanos inscribiron unha adicatoria a un dos principais deuses do seu panteón, Xúpiter: IOVI. Permanece in situ. Outras inscricións en granito foron levadas do xacemento. Coñecemos dúas pezas coas seguintes inscricións respectivas:

MI // VLE  

Outra foi "interpretada" pola arqueoloxía oficial do seguinte xeito, que ofrece certas dúbidas: 

NA / BIA // ABI / ONE (?)

Denominaremos 'recinto medio' a todo o que arrodea ao anterior 'recinto central', delimitado polas murallas do recinto central e por outra muralla máis exterior. Entre ambas fórmase unha especie de cinta de grande extensión que recorre todo o outeiro do castro. Neste recinto medio é onde se situaban as vivendas da poboación. A súa superficie é moito maior que o anterior e dispón de diversos grupos de cabanas, chamados "barrios" por influenza da arqueoloxía portuguesa. Trátase de unidades de habitación, posiblemente dunha familia, onde se atopan as estancias necesarias para o desenvolvemento da vida cotiá dun pequeno grupo humano, seguramente con vínculos familiares: lareira, almacén, pequenos talleres ou estancias diversas, dependendo das actividades económicas e do tamaño do grupo que as habitou.
A muralla exterior do recinto medio, que arrodea todo o castro, posúe dúas portas nos lados leste e oeste, oriental e occidental. De cada unha destas portas arranca unha calzada que leva a cada unha das dúas portas monumentais do recinto central, unha oriental e outra occidental.

Polo sector suroccidental ou suroeste existe un terceiro recinto pechado por outra muralla máis exterior que poderíamos denominar como 'recinto exterior'. Esta terceira muralla só é visible nunha lonxitude de, aproximadamente, 400 metros, aproximándose á muralla do recinto central claramente no sector sur, onde se xuntan as dúas formando unha especie de trampa, cerrándose ao modo dos foxos de lobos, que podería constituír un elemento defensivo para acurralar a grupos atacantes procedentes da porta occidental. A anchura deste foxo ten, aproximadamente, 10 metros, pero chega ós 24 diante da porta occidental ou porta principal. Cara o suroeste, nesta muralla máis exterior, existe outra porta máis estreita e menos monumental que a principal.

As saídas monumentais oriental e occidental da citania de Lámbrica teñen continuidade nunha vía de comunicación principal que parte da ribeira do río Miño, no lugar da Barca, actual Barbantes-Estación. Esta vía, da que se conservan algúns tramos lousados, sube polo monte do Santorcado ata Ourantes e, desde alí, sube ata a citania de Lámbrica, entrando nela pola porta oriental.

A saída occidental de Lámbrica sinala cara as terras de O Carballiño, iniciando unha máis que posible ruta que levaría ás minas do Puzo do Lago, pasando por Cristimil, Figueiroa e Santa Comba do Treboedo. Unha prolongación desta ruta levaría ás minas de Loureiro e Lobás, entre O Carballiño e O Irixo.

San Cibrao das Las ou Lámbrica constitúe un castro con posible planificación tardía sobre un xacemento anterior. O urbanismo é notable, sendo destacables as rúas que comunican os lados maiores do óvalo, onde se sitúan as portas do castro, coas portas do recinto central, percibíndose unha planificación radial do resto das rúas do poboado, sempre no recinto medio. Parten dunha rúa anular que circunda o recinto central pola súa parte máis externa e  desembocan noutra rúa periférica ou anular que arrodea ao recinto central, pola parte exterior da muralla que o pecha. 

A disposición das vivendas é a antítese da disposición hipodámica das cidades romanas e dos seus campamentos militares. Semella que as elites tradicionais de Lámbrica tiveron algunha influenza na reconstrución da citania, pois moitas das obras correspóndense, segundo os arqueólogos, con datacións coincidentes coa romanización, entre os séculos I antes de Cristo e I despois de Cristo. Por iso hai que ter moita precaución cando se fala de "castro romanizado", pois pode conducir a confundir Lámbrica cunha cidade romana. A citania de Lámbrica é un castro nun ámbito rural, que mostra débiles signos de aculturación romana, pero sin as características urbanísticas que por esas datas se producen en outras cidades do Imperio.

Outras manifestacións de urbanismo son visibles nas canles de evacuación de augas pluviais e fecais, para evitar a súa chegada aos lugares de habitación e aos obradoiros. 
Tamén existen, cando menos, dúas  fontes, unha, a máis monumental e coñecida, con planta absidal e escaleiras, está situada dentro da muralla no sector oeste do recinto medio. Presenta unha complicada disposición de muros, posiblemente froito de diversas reconstrucións, e posúe unha saída directa de auga cara o exterior da muralla, para evitar inundacións nas invernías. Tense catalogado como fonte-alxibe, aínda que un observador estival poderá apreciar que se trata dunha auténtica fonte, que nunca seca.

O outro manancial que se coñece está situado no sector sur, pero fóra da muralla e do castro, aínda que pegado a el. Non está clara a procedencia da súa auga, xa que parece non ter nacente e seca no período estival. A súa utilización polos habitantes intramuros non parece posible, pois nin xiquera se aprecian saídas ou portas. É máis propiamente un alxibe que unha fonte, ten unha disposición irregular, bastante profundidade con case tres metros, e rudimentarias escaleiras. É de supor que as súas augas procedan dun manancial ou fonte interior, aínda non descuberto, no sector leste do recinto medio.
Como xa se dixo, as vivendas do recinto medio agrúpanse nos chamados núcleos de habitación ou barrios, lugares nos que se distribúen cabanas, nas que se identificaron usos diversos. Todas as cabanas de cada grupo dan a un lugar común, a modo de patio, polo que se considerou que constituían núcleos habitados por un grupo familiar. Nas épocas de maior poboación, a citania puido albergar entre 1.800 e 2.200 habitantes no interior das súas murallas.
De entre os materiais recuperados nas escavacións hai instrumentos da vida cotiá, como as pesas de tear (pondus), fusaiolas (utilizados nos labores téxtiles). Tamén é frecuente a aparición de escouras de mineral de ferro, residuos de fundición nos talleres locais. Pero o máis abundante nas escavacións son os restos de cerámica, con pezas de procedencia local e foráneas. Entre estas últimas, destacar a existencia de grandes recipientes para transporte de produtos coma o viño ou o garum (salsa de peixe), pero tamén vaixelas finas de mesa, como as de cerámica sigillata. Nas escavacións son frecuentes as pezas de adorno persoal, doas de vidro, alfinetes, fíbulas, prendedores de pelo... Destacar tamén a aparición dalgunha moeda de época romana.


Algo da arte na citania de Lámbrica

En canto á arte, cabe falar primeiro dun fragmento de relevo realizado en granito, posiblemente parte dun friso, que apareceu nunhas escavacións en 1982. Nun raio de 6 quilómetros apareceron outros relevos castrexos, reutilizados en vivendas e capelas: Anllo (San Amaro), O Formigueiro (Amoeiro), Fontefría (Amoeiro) e San Xiao, tamén en Amoeiro. En lugares máis alonxados, pero dentro da mesma provincia, podemos atopar motivos idénticos ós do castro de Lámbrica na capela de Fondo de Vila de Xunqueira de Ambía.
En escultura exenta destacan dúas esculturas antropomorfas aparecidos en 2004. A unha delas fáltalle a cabeza, tendo os brazos cruzados e as palmas das mans sobre o ventre. Podería tratarse de deidades femininas relacionadas habitualmente co culto á fertilidade, existindo paralelismos deste tipo de representación noutros castros do Noroeste (Briteiros, por exemplo).
O segundo antropomorfo aparecido en Lámbrica, de factura menos elaborada, ten a boca entreaberta con ollos grandes, carecendo de extremidades inferiores. Coa man esquerda parece tocar o peito dereito, situando a súa man dereita no baixo ventre ou na zona xenital. Descoñecemos se existe intencionalidade, pero o tronco da figura tamén semella ter forma de cabeza humana, con expresión burlona ou de sátiro. Para apoiar esta hipótese podemos destacar a distinta fisionomía de cada unha das mans da "deusa": A esquerda remata cunha man en forma de bola, que ten no peito, pero a man dereita remata de xeito que simula a boca do "sátiro". 
Esta escultura seica apareceu reutilizada como elemento construtivo, formando parte dun paramento, o que indica que cando se construíu o muro xa perdera a súa función representativa ou, moi posiblemente relixiosa. O dato ten a súa importancia, pois pode indicar que houbo unha reconstrución dun castro anterior, o que parece corroborar a perfecta planificación de toda a citania e as repetidas datacións que manexan os arqueólogos coincidentes co cambio de Era.

Sabemos da existencia dunha cabeza labrada, de quince centímetros, nun bloque de granito de 44 por 50 centímetros, da que nos informa CALO LOURIDO, que foi atopada nas escavacións de 1982. 

En outubro de 2016 apareceu nas escavacións unha nova cabeza de pedra, un bloque alongado de granito cunha figura de testa nun dos extremos,, unha "figura tosca", segundo rezan os titulares da arqueoloxía oficial na prensa local. Parece moi lóxica a súa primixenia colocación embutida nunha parede, coa cabeza cara o exterior. Foi levada do xacemento e non é fácil atopar fotografías

Non podemos esquecernos do fermoso e ben traballado tríscele, ou trisquel, descuberto nas escavacións de X. Lorenzo Fernández en 1948, que formaba parte do sollado dunha construción no recinto central na zona máis alta da citania. Outra peza de interese é unha "roseta de 6 pétalos circundados por unha moldura lisa", atopada por López Cuevillas en 1922.
Na mesma escavación de outubro de 2016 atopouse unha peza de granito que ten labrado un trisquel de follas dobres, que poderíamos definir como hexasquel. Nesa mesma campaña tamén atoparon un curioso tríscele pintado na xamba dunha ventá. Tampouco é fácil obter imaxes.

Citar, finalmente, os petroglifos inéditos e as posibles pinturas esquemáticas en penedas moi cercanas á citania, pero fóra das murallas.


Patrimonio inmaterial

Coñecemos nesta citania de Lámbrica, por tradición oral, a presenza de dúas trabes, unha de ouro e outra de alcatrán, que había debaixo do monte. Tamén temos referencias populares á Silla do Rei e á moura, semellantes ás repetidas noutros castros galegos.

Cuevillas e Bouza Brey recolleron e publicaron unha lenda en 1929. O informante era Segundo González de Eiras. Di así: 

"N-iste castro hai unha moura que sai en figura de unha cobra levando unha fror na boca. Pra desencantala hai que lle tirar cos beizos a fror que leva na boca".

Outra lenda, escoitada na aldea de Xinzo, tamén na parroquia de Eiras: 

"No Castro Martiño, un pequeno castro inmediato á aldea, contaban os vellos que existía unha mina onde había unha serpe tan longa que cheghaba ata a cima da Cidade, pero a Cidade para eles era o Coto do San Trocado"

É moi curiosa, e tamén descritiva, esta aclaración, pois dálle ao castro de Santrocado a mesma categoría que á Cidade de Lámbrica, polo que é fácil imaxinar que, en algún momento, ambos castros formasen parte da mesma entidade política ou administrativa.


Bibliografía

ÁLVAREZ GONZALEZ Y.; LÓPEZ GONZÁLEZ L.; FERNÁNDEZ GÖTZ,M.; GARCÍA QUINTELA, M.: "El oppidum de San Cibrán de Las y el papel de la religión en los procesos de centralización de la Edad del Hierro", en Cuadernos de Prehistoria y Arqueología 43. 2017. Pp. 217-239. Universidad Autónoma de Madrid. ISSN 0211-1608, ISSN Dixital: 2530-3589.

ÁLVAREZ GONZALEZ, Y.; LÓPEZ GONZÁLEZ, L.F.; LOPEZ MARCOS, M.A.; LÓPEZ BARJA DE QUIROGA, P.: "Dos inscripciones inéditas del Castro de San Cibrán de Las (San Amaro-Punxín, Ourense)", en Paleohispánica 4, (2004). ISSN 1578-5386, páxs. 235-244.
ÁLVAREZ GONZALEZ, Y.; LÓPEZ GONZÁLEZ, L.F.; LÓPEZ MARCOS, M. A: "A ocupación do espazo común e privado na citania de San Cibrán de Lás" en Ágora do Orcellón, 26. Instituto de Estudios Carballiñeses. Vigo, decembro 2013.

ARIZAGA CASTRO, A.; FÁBREGA ÁLVAREZ, P.; AYÁN VILA, X.M.; RODRÍGUEZ PAZ, A: "A apropiación simbólica da cultura material castrexa na paisaxe cultural dos Chaos de Amoeiro (Ourense-Galicia)" en Cuadernos de Estudios Gallegos, LIII, 2005. Páx. 87-129. ISSN 0210-847 X.

BALBÍN CHAMORRO, P. y otros: "Lo que el viento no se llevó: Interdisciplinariedad, metodología y práctica para el estudio de la Hispania céltica" en R. Sainero (coord.): Pasado y presente de los estudios celtas. Fundación Ortegalia-Instituto de Estudios Celtas. Pp. 94 e 95. A Coruña, 2007.
BANDE RODRÍGUEZ, E.: La romería de San Torcuato. Caixa Rural. Ourense, 1984.
CALO LOURIDO, F: A Plástica da Cultura Castrexa Galego-Portuguesa. F. Pedro Barrié de la Maza. Tomo I, páx. 438. A Coruña, 1994.
CASTRO PÉREZ LADISLAO: Sondeos en la arqueología de la religión en Galicia y norte de Portugal: Trocado de Bande y el culto jacobeo. Universidade de Vigo. 2001.
CHAMOSO LAMAS, M.: "Excavaciones arqueológicas en San Cibrán de Lás (Orense)". en Cuadernos de Estudios Gallegos, IX. 1954. Santiago de Compostela. Páxs. 406-410.
CHAMOSO LAMAS, M.: "Excavaciones arqueológicas en la citania de San Cibrán de Lás y en el poblado y explotación minera de oro de época romana de Barbantes (Orense)", en Noticiario Arqueológico Hispánico, III-IV (1953-1954). Madrid. Páxs. 114-130.
FARIÑA BUSTO, F.; FERNÁNDEZ BAL, M.L.: "A Cidade de San Cibrán de Lás (San Amaro-Punxín, Ourense)", en Arqueoloxía-Informes, 1. Campaña 1988. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1989. páxs. 74-76.
FARIÑA BUSTO, F.; XUSTO RODRÍGUEZ, M.: "Coto de San Trocado (San Amaro-Punxín, Ourense)", en Arqueoloxía-Informes 2. Campaña 1988. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1991.
FARIÑA BUSTO, F.: "A especificidade dos procesos de consolidación e restauración dos monumentos arqueolóxicos. A intervención nos castros da Cidade de San Cibrán de Lás, Castromao e Cidade de San Millán (Ourense)", en Cadernos de área Arte/Comunicación, 1, 1983. Sada. Páxs. 51-53.
FARIÑA BUSTO, F.; ROMERO MASIÁ, A.: "Las, San Cibrán de" en Gran Enciclopedia Gallega, s/d, tomo XVIII, p. 235.
GARCÍA FERNÁNDEZ-ALBALAT, B.: Guerra y religión en la Gallaecia y la Lusitania antiguas. Edicións do Castro. Sada, A Coruña, 1990.
GARCÍA QUINTELA, V; SANTOS ESTÉVEZ, M: "Alineación arqueoastronómica en A Ferradora (Amoeiro-Ourense)" en Complutum 15, Madrid, 2004.
GARCÍA QUINTELA, V; SANTOS ESTÉVEZ, M:"Arte rupestre y santuarios", en Semata 14. Univ. de Santiago de Compostela. 2003.
GONZÁLEZ IGLESIAS, F.: "O patrimonio, esquecido, no San Amaro. Análise da situación do patrimonio nun concello rural na provincia de Ourense". en Ágora do Orcellón 17. Páx. 38-52. Vigo. Marzo de 2009. ISSN 1577-3205.
GONZÁLEZ IGLESIAS, F.: "Os petroglifos da Ermida en Eiras, solsticios e territorio". Ágora do Orcellón 18. Páx. 32-45. Vigo. Xullo de 2009. ISSN 1577-3205.
LÓPEZ CUEVILLAS, F.; BOUZA BREY, F.: "Os Oestriminios, os Saefes e a Ofiolatría en Galiza", en Arquivo do Seminario de Estudos Galegos, II, 1929.
LÓPEZ CUEVILLAS, F.: Prosas Galegas. Biblioteca Básica da Cultura Galega, Ed. Galaxia, Vigo, 1982.
LÓPEZ CUEVILLAS, F.: La civilización céltica en Galicia . Istmo. Madrid. 1989.
LÓPEZ CUEVILLAS, F.: "O castro A Cibdade en San Ciprián de Lás", en NÓS 10, Ourense, 1922.
LÓPEZ CUEVILLAS, F.: "A citanea do monte 'A Cidade' en San Ciprián de Lás'", en Boletín da Real Academia Gallega, XIV, 1923-1924, páxs. 201-305.
LÓPEZ CUEVILLAS, F.: "A citanea do monte 'A Cidade' en San Ciprián de Lás'", en Boletín da Real Academia Gallega, XV, 1925-1926.
LÓPEZ CUEVILLAS, F.: "A citanea do Monte 'A Cidade' en San Ciprián de Lás'", en Boletín da Real Academia Gallega, XVII, 1927-1928, páxs. 201-305.
LÓPEZ GONZÁLEZ, L. F.; ÁLVAREZ GONZÁLEZ, Y.: "La secuencia cultural del castro de Laias: evolución espacial y funcional del poblado", en Proto-historia da Península Ibérica. Actas do III Congreso de Arqueología peninsular. ADECAP, V: 523-230. Porto. 2000.
LÓPEZ GONZÁLEZ, L. F.; LÓPEZ MARCOS, M.A.; ÁLVAREZ GONZÁLEZ, Y.: "Definición y recuperación de estructuras en el Castro de San Cibrán de Lás", en Cuadernos de estudios gallegos, 117, (2004). ISSN 0210-847X, T. 51, páxs. 79-113.
PÉREZ OUTEIRIÑO, B.: "Informe sobre las excavaciones arqueológicas de A Cidade de san Cibrán de Lás (San Amaro-Punxín, Ourense)", en Noticiario arqueológico Hispánico 22. Madrid, 1985.
PÉREZ OUTEIRIÑO, B.: "Un singular resto arquitectónico en A Cidade de San Cibrán de Lás (San Amaro-Punxín, Ourense)", en Portugalia. Nova sèrie, VI/VII. Porto, 1985.
PÉREZ OUTEIRIÑO, B.: " A Cidade de San Cibrán de Lás. Objectivos e resultados das últimas intervencións arqueolóxicas", en Lucerna. Sèrie II. Porto, 1987.
PÉREZ OUTEIRIÑO, B.: "San Amaro" en Gran Enciclopedia Gallega, s/d, tomo XXVII, p. 192.
RODRÍGUEZ CAO, C., XUSTO RODRÍGUEZ, M.; FARIÑA BUSTO, F.: A Cidade. San Cibrán de Lás. Colección Guías do Patrimonio Cultural. Grupo Marcelo Macías de colaboradores do Museo Arqueolóxico de Ourense. Fundación Caixa Galicia, 1992. ISBN 84-88522-00-2.
RODRÍGUEZ COLMENERO, A.: Galicia Meridional Romana. Universidad de Deusto. 1977.
RODRÍGUEZ COLMENERO, A.: Aquae Flaviae I. Fontes epigráficas. Universidad de Chaves. 1987.
RODRÍGUEZ COLMENERO A.: "Sobre un supuesto error epigráfico-histórico. Correcciones al ara de Bandua Aetobricus de Codesedo (Ourense) y a otros epígrafes de su amplio entorno". Cuadernos de Estudios Gallegos. Tomo XLVII, Fascículo 113, Santiago 2000.
RODRÍGUEZ CORRAL, J.: A Galicia castrexa. Ed. Lóstrego. S. de Compostela. 2009.
VIDÁN TORREIRA, M.: "Pambre y el enigma del ara de Eiras", en Nalgures, tomo I. Pág. 335. A Coruña, 2004.
VILLAR QUINTEIRO, R.: "El yacimiento paleolítico de A Chaira, San Cibrán de Lás (Ourense)" en Boletín Auriense, t. XXIX. Museo Arqueolóxico Provincial. Ourense, 1999.

Lámbrica, Talábriga y la campaña de Junio Bruto 

El presente relato no pretende, ni mucho menos, identificar la Lámbrica de los textos con la citania de San Cibrao das Las y Ourantes. No obstante, puede darnos una idea de la situación que se vivió en los castros noroccidentales de la Península Ibérica, justo antes del establecimiento de los romanos,  que también pudo reproducirse en la propia Lámbrica a orillas del Miño. No olvidemos que, según los textos clásicos, Junio Bruto llega hasta el Miño y después se dirige hacia el océano. ¿Por qué no siguió hacia el norte? Estamos en los años treinta del siglo II antes de Cristo...

Según VICENTE RISCO en su Manual de Historia de Galicia:
"Llegado el Cónsul al río Miño ("Nimius" o "Niben" en Appiano) los brácaros le cortaron el aprovisionamiento, y tuvo que volverse. De los galaicos que luchaban contra Bruto, hace Appiano una pintura heroica: Iban a la guerra con sus mujeres, marchaban alegres hacia la muerte, no volvían la espalda en las batallas, no se lamentaban por los muertos. Las mujeres, cuando las cogían, se mataban por su mano y mataban a sus hijos.
Bruto tomó hasta 30 castros, pero la ciudad de Lámbriga, que por dos veces hiciera paces con él, después de rebelarse, se negó la segunda vez a entregar a los desertores de las legiones de Bruto, así como las armas y rehenes. Al fin, se avinieron. El Cónsul los mandó salir de sus muros, y cuando los tuvo indefensos, los rodeó y les concedió el perdón, pero les llevó los caballos, los frutos y el dinero del común.
Valerio Máximo dice que Bruto atacó después a "Cinninia", Cinnania" o "Cinginnia", ciudad rica, que se empeñaba en sostener ella sola la guerra. Sitiada y habiéndosele ofrecido la libertad, mediante un crecido rescate, los ciudadanos dieron la respuesta clásica: "Nuestros padres nos dejaron hierro para defender la patria, no oro para comprar la libertad a un general avariento". Y Bruto tuvo que levantar el cerco.
Livio y Orosio hablan de otras batallas, y Floro dice que Bruto recorrió victorioso las orillas del océano, y desde ellas, no sin temor de haber cometido sacrilegio, vio ocultarse el Sol en las aguas del mar.
Vuelto a Roma, obtuvo los honores del triunfo y el nombre honorífico de "Callaico", por ser el primero en vencer a los gallegos
(...)"

(Manual de Historia de Galicia. Pag. 31. Galaxia. Vigo, 1971.)


Una de las fuentes clásicas por las que conocemos las campañas de Roma en la Península Ibérica es la Historia Romana de Apiano, escrita hacia mediados del siglo II d. C. con datos recogidos de Polibio, que había viajado por Hispania hacia el año 133 a. de Cristo. De los textos de Apiano se han elegido los siguientes párrafos:

71. "Como emulación de los hechos de Viriato, muchas otras bandas de salteadores hacían incursiones por Lusitania y la saqueaban. Sexto Junio Bruto fue enviado contra éstos, pero perdió la esperanza de poder perseguirlos a través de un extenso país al que circundaban ríos navegables como el Tajo, Letes, Duero y Betis. Consideraba, en efecto, que era difícil dar alcance a gentes que, como precisamente los salteadores, cambiaban de lugar con tanta rapidez, al tiempo que resultaba humillante fracasar en el intento y tampoco comportaba gloria alguna en el triunfo en la empresa. Se volvió, por tanto, contra sus ciudades en espera de tomarse venganza, de proporcionar al ejército un botín abundante y de que los salteadores se disgregaran hacia sus ciudades respectivas, cuando vieran en peligro a sus hogares. Con este propósito se dedicó a devastar todo lo que encontraba a su paso, las mujeres luchaban al lado de los hombres, y morían con ellos, sin dejar escapar jamás grito alguno al ser degolladas. Hubo algunos que escaparon también a las montañas con cuanto pudieron llevar. A éstos cuando se lo pidieron los perdonó Bruto e hizo lotes con sus bienes." 

72. "Después de atravesar el río Duero, llevó la guerra a muchos lugares reclamando gran cantidad de rehenes a quienes se le entregaban, hasta que llegó al río Letes, y fue el primer romano que proyectó cruzar este río. Lo cruzó, en efecto, y llegó hasta otro río llamado Nimis e hizo una expedición contra los brácaros, que le habían arrebatado las provisiones que llevaba. Es éste un pueblo enormemente belicoso que combate juntamente con sus mujeres que llevan armas y mueren con ardor sin que ninguno de ellos haga gesto de huir, ni muestre su espalda, ni deje escapar un grito. De las mujeres que son capturadas, unas se dan muerte a sí mismas y otras, incluso, dan muerte a sus hijos con sus propias manos, alegres con la muerte más que con la esclavitud. Algunas ciudades que entonces se pasaron al lado de Bruto se sublevaron poco después y Bruto las sometió de nuevo." 

73. "Se dirigió contra Talábriga, ciudad que con frecuencia había sido sometida por él y que volvía a sublevarse causándole problemas. También en aquella ocasión le solicitaron el perdón sus habitantes y se rindieron sin condiciones. Él les exigió, en primer lugar, a los desertores romanos, a los prisioneros, todas las armas que poseían y, además de esto, rehenes; después les ordenó que abandonaran la ciudad en compañía de sus hijos y mujeres. Cuando también le hubieron obedecido en esto, los rodeó con todo su ejército y pronunció un discurso reprochándoles cuántas veces se habían sublevado y habían renovado la guerra contra él. Después de haberles infundido miedo y de dar la impresión de que iba a infligirles un castigo terrible, cesó en sus reproches y les dejó volver a su ciudad para que la siguieran habitando en contra de lo que esperaban, pues les había quitado sus caballos, el trigo, cuanto dinero poseían y cualquier otro recurso público. Bruto, después de haber realizado todas estas empresas, partió hacia Roma. Yo he unido estos hechos a la narración de Viriato, puesto que fueron provocados por otros salteadores al mismo tiempo y por emulación de aquél."


Son bastantes los autores que en los siglos XIX y XX se basaron en estos textos para hablar de Lambrica o Talábriga, citada en la descripción de la llegada de Décimo Junio Bruto a la actual Galicia en el 137 antes de Cristo, en el contexto de las guerras lusitanas. Se supone que tal expedición no superó el límite del Miño, en cuya orilla derecha estaba la citania de San Cibrao das Las. Queda pendiente la confusión Lámbriga/Talábriga, que parece proceder de distintas ediciones de la obra de Appiano. Risco habla de Lámbriga, pero en Appiano vemos Talábriga. JUAN DE MARIANA ya lo advertía en el siglo XIX: "En las mejores ediciones de Appiano se llama esta ciudad Talabriga y no Labrica...

(Historia General de España. Tomo II. Página 241. Madrid 1817).


Una Talábriga se ha situado en Portugal, entre los ríos Mondego y Duero. Pero ésta no puede ser la Talábriga de los párrafos de Apiano, reproducidos más arriba, porque estaba "después de atravesar el río Duero" por las tropas de Junio Bruto que se dirigían, necesariamente, al norte.


Sobre Talábriga y sobre la "necesidad" de encontrarla en Portugal, ALVES PEREIRA decía, ya en 1907:

"Talabriga, escreve Appiano, era uma das cidades (da Lusitania) que mais frequentemente se revoltava. Esta falta de resignação, este, direi eu, germen de patriotismo ou melhor de municipalismo, não podia tranquillizar Decimo Junio Bruto, que julgou que o caso era de reclamar a sua presença no local da cidade. Partiu com numerosa gente, e ao seu apparecimento responderam os irrequietos Talabrigenses com supplicas e o seu incondicional abandono á discrição do conquistador. Então J. Bruto foi energico e insaciavel, mas ao mesmo tempo teve um lanço inesperado de generosidade. Quis fazer-lhes sentir primeiro a dureza cruel do seu braço de guerreiro, e para isso impôs-lhe a immediata entrega dos transfugas das hostes d'elle, certamente alliados dos romanos, a dos prisioneiros, a de todo o armamento e ainda por cima exigiu refens. Depois chegou a ordenar-lhes que abandonassem a cidade com suas mulheres e filhos. Parece que o prestigio militar de J. Bruto não valia menos que seu tino de politico e conquistador. Os Talabrigenses aprontaram-se para obedecer alli mesmo. Mas o capitão romano queria compor-lhes um quadro que lhes impressionasse perduravelmente a imaginação. E ia espreitar o effeito produzido.
Desdobrou em circulo as suas tropas e, agglomerando dentro a chusma dos habitantes humilhados, arengou-lhes. Fez-lhes perceber que não receava a sua turbulencia indomita, porque quantas vezes desertassem, outras tantas elle viria combatê-los e reduzi-los com a necessaria firmeza, incutido assim o receio e a convicção de que no momento adequado, J. Bruto cairia sobre elles com toda a energia, o general romano quebrantou a sua ira, satisfeito com estas objurgatorias. Mas não sem que lhes tomasse os cavallos, os mantimentos, os dinheiros da cidade com todo o outro material publico. Isto era claramente deixá-los na impotencia e até na penúria. E por fim J. Bruto, contra tudo quanto os Talabrigenses podiam já esperar (pratter spem), restituiu-lhes a cidade para nella continuarem a habitar. Isto passava-se já meado o sec. II, antes de Christo (138 a. C). Feito isto, o conquistador regressou a Roma
." (...)
"Entrevejo pois para a archeologia portuguesa este problema: sondar o jazigo de Talabriga, verdadeiro simbolo do nosso sentimento de independencia territorial e figura-se-me que mostrei onde com toda a probabilidade elle se deve encontrar. Espero ter eu mesmo ensejo de averiguar se o simples e frio raciocinio me guiou, sem desvio, até as trincheiras historicas, que occultam os miserandos restos de Talabriga.
Conservar-se-ha ainda evolucionado este toponimo? 

Responderá o onomastico, paternalmente assistido pela philologia, não se dando o caso mais provavel do verso susodito de Vergilio: Haec tum nomina erunt, nunc sunt sine nomine terrae!" 

(Paginas Archeologicas III. "Situaçâo conjectural de Talabriga". Lisboa, 1907).


Independientemente de la ubicación de las ciudades, estos textos nos ponen de manifiesto la situación vivida por los pueblos invadidos, que trataban de defenderse, y por los romanos invasores, que ansiaban las riquezas del subsuelo, en aquellos años del siglo II antes de Cristo. Situación que se repetiría en la mayoría de los poblados fortificados castreños del sur de la actual Galicia y del norte de Portugal. Nótese que estas ciudades tenían caballos, trigo, dinero y recursos públicos, lo que no era poco para los habitantes prerromanos de estas tierras y lo que denota un cierto progreso social y económico en las sociedades castreñas. Faltan los recursos metalúrgicos y mineros que la arqueología suele documentar y que podemos suponer, en el caso de Talábriga, que ya habían sido requisados con anterioridad.
Es por estas épocas (siglo II a. C.) cuando se detecta una fiebre constructiva en los grandes castros o citanias del norte de Portugal y del sur de Galicia. Los generales romanos, ávidos de riquezas, sabían que en el noroeste de la Península Ibérica existían abundantes recursos mineros (hierro, estaño, oro...). Es posible que por esta razón los habitantes de estas tierras mejorasen las ciudades fortificadas y agrupasen a la población, para poder defenderse.
No está comprobada la entidad política de cada pueblo, confundiéndose lusitanos y galaicos, pero parece lógico pensar que los pueblos que habitaban desde el valle del Miño hasta el valle del Duero tendrían una cierta afinidad. En todo caso, si así no fuera, la necesaria resistencia contra Roma sería suficiente para unirlos en una misma causa contra un enemigo común. 

En el siglo III d. C. sabemos de la existencia del Convento Bracarense, que englobaba buena parte de los territorios del actual sur de Galicia, incluyendo a nuestra Lámbrica, lo que demuestra que los pueblos que habitaron estos territorios tenían más en común de lo que a menudo pueda parecernos. Un conventus era un amplio territorio con una ciudad cabecera -en este caso Bracara Augusta- que funcionaba como centro administrativo, fiscal y de comunicaciones.
Volviendo a Junio Bruto, lo verdaderamente curioso es la evidencia de que no sobrepasó el Miño en el año 137 antes de Cristo, y eso que había sido tan valiente cruzando el "Río del Olvido", el Letes, nuestro Limia, aunque no existe consenso sobre el punto concreto de paso.

Alcanzada la otra orilla del Letes, e puede suponer que algo serio se habría interpuesto en el camino de Junio Bruto hacia el norte. ¿Tendría nuestra Lámbrica algo que ver?



Bibliografía

RISCO V.: Manual de Historia de Galicia. Pag. 31. Galaxia. Vigo, 1971.
DE ALARCÂO, J. (Coord.): Portugal. Das origens à romanizaçao. Nova História de Portugal. Volume I. Editorial Presença. 2ª ed. Lisboa, 2011.
GÓMEZ S. CARLOS: Décimo Xuño Bruto, O Galego
ACUÑA, ARIAS VILAS et alii: La romanización de Galicia. Cuadernos del Seminario de Estudios Cerámicos de Sargadelos, 16. Edic. do Castro. Sada, 1976.
ALVES PEREIRA F.: Paginas Archeologicas III. Situaçâo conjectural de Talabriga. Lisboa. 1907.